04 junio 2009

Según Feijóo, Touriño tomó el pelo a Vigo con la depuradora...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á situación actual da futura depuradora de Vigo. Sobre a mesma, o máximo mandatario autonómico quixo apuntar, primeiro, a falta de acordo existente á súa chegada a Xunta entre os diferentes organismos implicados: “Atopamos que non existía ningún convenio entre a Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Cuenca del Norte (organismo dependente da administración do Estado). Polo tanto non hai ningún compromiso legal entre as administracións que teñen que buscar unha solución para a depuradora de Vigo”.

Así mesmo, o xefe do Executivo confirmou, tamén, a escasa asignación orzamentaria prevista para este 2009: “Pedín, porque non o podía crer, o presuposto que había no ano 2009 para a depuradora de Vigo. E o presuposto que hai son 5 millóns de euros, cando a Xunta de Galicia ten que poñer más de 100 millóns de euros”.

Pese a todo, Feijóo aseverou que o seu executivo traballa por mellorar a situación dun proxecto de transcendental importancia para a ría de Vigo e para o medio ambiente, e espera que tras as conversas mantidas nas últimas semanas se poidan acadar novos acordos: “Cando detectamos esta anomalía grave, nos puxemos en contacto inmediatamente coa Cuenca del Norte, e nestes momentos están avanzadas as conversas. Espero que as negociacións cheguen a bo porto para darlle unha solución aos vigueses e a toda a ría de Vigo, porque ese problema non o xeraron eles”. Neste sentido, o presidente da Xunta avanzou que se están a buscar novas “fórmulas financeiras coa Cuenca del Norte”, ao tempo que agradeceu a este organismo o seu esforzo na busca “dunha solución para diferir os pagos sen pospoñer o inicio da obra”.

Por último, e grazas a esta liña de esforzos compartidos, Núñez Feijóo expresou a súa confianza en evitar a posible multa da Unión Europea no caso de que non se cumprisen os prazos: “Despois de catro anos de falar da ría de Vigo, nin hai acordo, nin hai convenio, nin hai diñeiro. Agora buscamos unha solución para empezar a obra e cumprir os prazos da Unión Europea, e polo tanto non ter o aviso de sanción que podemos ter”.