05 junio 2009

Sofisticado concierto este sábado, en el Museo del Mar de Alcabre (Vigo)

VIGO (MORRAZO-tribuna) .-O Museo do Mar convértese de novo mañá, sábado 6 de xuño, ás 20.00h., en escenario do programa de actuacións Espazos Sonoros, organizado pola consellería de Cultura.

Nesta ocasión, o recinto museístico de Alcabre recibe aos grupos ISGA Collective y Lonely Drifter Karen. ISGA Collective, que xa gravou un vídeo no Museo do Mar, proxecta na súa música a modernidade da sociedade galega actual, coidando e nutríndose do seu pasado e tradición. A redeira é o seu primeiro traballo discográfico, editado baixo o selo Sul producións, e componse de dezaséis pistas de son onde se recollen as cantigas de Martín Códax. Respectando as melodías tradicionais harmonizadas de forma contemporánea e valéndose das novas tecnoloxías, ofrecen un contraste e un carácter atemporal que, xunto co resto da composición musical, nos fan penetrar no mundo do trovador protagonista.

Lonely Drifter Karen, que actuará ás 21.00h., é o pseudónimo artístico da cantante/compositora austríaca Tanja Frinta. súa música mestúranse o folk proveniente de diversos países europeos, o Dark Cabaret alemán do periodo de entreguerras e o pop anglosaxón. En maio de 2008, acompañada por Marc Melià ao piano e Giorgio Fausto á batería, publicou en Europa o seu primeiro LP titulado Grass is singing, polo que recibiu unha moi boa reacción por parte da crítica especializada en países como Francia e Reino Unido.

Espazos Sonoros

O Museo do Mar continúa exercendo así, tras as actuacións pasadas do pianista Nicasio Gradaille e da Austrian Baroque Company, de escenario privilexiado deste ciclo de concertos. O festival, que durará ata finais de xuño, ainda levará ao recinto de Alcabre diferentes músicos e formacións como a Ensemble Galante ou o solista Rolf Lislevand.

Espazos Sonoros, que este ano presenta 88 concertos con 36 formacións e 27 distintos espazos, é un programa aberto á creación artística que ofrece aos músicos a oportunidade de presentar as súas máis recentes ideas e proxectos, de aí que o calendario inclúa estreas absolutas de obras e producións específicamente creadas para ser presentadas no marco do festival. A recuperación e difusión do patrimonio musical galego de todas as épocas é tamén outra das liñas directrices da programación.