Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este luns que tanto Chema Figueroa como Corina Porro “levan meses desaparecidos cando se trata de reinvindicar á nova Xunta os grandes proxectos para Vigo”, en resposta aos medios que lle preguntaron polas declaración efectuadas polo portavoz do grupo municipal do Partido Popular nas que afirmaba que o tenente de alcalde “estaba desaparecido”. O nacionalista preguntouse “¿Onde están á hora de reclamar a execución de proxectos tan importantes para Vigo como a depuradora, o novo hospital, a cidade do mar e a cidade da xustiza”.
Santi Domínguez salientou que “Figueroa e Porro están desaparecidos porque o PP segue a utilizar as institucións como arma partidista”. Ao seu xuízo, o Partido Popular “ten un problema nesta cidade que é a súa incoherencia e a súa incapacidade de plantear iniciativas construtivas”. Sinalou que en dous anos “non lembro nin unha soa iniciativa positiva, senón que o seu discurso neste tempo está baseado na crispación e na crítica destrutiva”, sinalou.
Na súa intervención, o tenente de alcalde lembrou que hai un ano, na valoración do goberno municipal, José Manuel Figueroa repetía que esta cidade tiña dous alcaldes e que o vicealcalde mandaba máis que o alcalde. “Deste xeito, Figueroa concedía ao BNG unha capacidade de decidir maior que o noso número de concelleiros”, apuntou Santi Domínguez ao respecto. “Despois dun ano, curiosamente, di que o vicealcalde está desaparecido”, sinalou, facendo notar o cambio de postura do Partido Popular neste tempo.
“O PP empezou esta lexislatura dicindo que non lle auguraba a este goberno ningún futuro e tivo que empezar a cambiar o seu discurso coa aprobación dos orzamentos no seu debido tempo, e agora teñen que inventar outra cuestión”, dixo o tenente de alcalde para explicar os continuos cambios de posición do Partido Popular a respecto do BNG.