11 julio 2009

21 bandas participan en el próximo certámen provincial que convoca Deputación para octubre

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O vicepresidente e deputado delegado de Cultura presidiu hoxe o sorteo das agrupacións que solicitaron participar no Certame Provincial de Bandas que a Deputación programa para os días 2, 3 e 4 de outubro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
No acto de hoxe, as entidades musicais recibiron tamén as partituras das obras obrigadas que deberán interpretar en cada sección do certame.
Finalmente, concorrerán a este evento musical 21 bandas de música que participarán nas diferentes seccións conforme ó seguinte:

Sección Especial
1. Unión Musical de Valladares.
2. Agrupación Musical do Rosal.
3. Banda de Música Municipal de Silleda.
Sección Primeira
1. Unión Musical de Meaño.
2. Banda de Música Municipal de Valga.
3. Agrupación Musical Atlántida de Matamá.
4. Banda de Música Municipal de Caldas de Reis.
5. Agrupación Musical de Vincios (Nigrán).
Sección Segunda
1. Banda de Música Xuvenil de Barro.
2. Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas).
3. Banda de Música de Rubiós.
4. Banda de Música Xuvenil de Torroso.
5. Banda Airiños do Morrazo, de Moaña.
6. Agrupación Musical de Goián.

Sección Terceira
1. Banda de Música de Chapela.
2. Banda de Música Unión de Lantaño.
3. Banda de Música do Municipio de Arbo.
4. Ateneo Musical de Bembrive.
5. Banda de Música Nova Lira de Moraña.
6. Banda da Vertula.
7. Agrupación Musical de A Guarda.