06 julio 2009

BNG acusa de nuevo al Gobierno de Ponteareas de ocultismo

Ponteareas (MORRAZO-TRIBUNA).- O Goberno Municipal do Partido Popular oculta a oferta de emprego no concello de Pontearea, acusa o BNG

O pasado 19 de xuño publicouse no Boletín Oficial do Estado oito prazas de persoal laboral fixo para o concello de Ponteareas entre os que se encontran; unha praza de camareiro-limpadora, dúas de auxiliar de clínica, tres de auxiliar de puericultura, unha de FPII informática e unha de diplomado en maxisterio especialidade infantil, rematándose o prazo para inscribirse o vindeiro 9 de xullo.

Ao BNG chamalle a atención desta situación, mentras que, con calquera outra nova municipal, o goberno do PP sempre remite nota aos medios para publicitar e difundir en xeral a noticia, nun tema tan sensibel coma este e máis en momentos de crise e desemprego, o goberno cala, en lugar de difundilo para que os veciñas/os interesados en participar poidan facelo.

Os nacionalistas consideran que o primeiro deber dunha administración pública cando realiza unha oferta de emprego é tratar a todos os cidadáns con equidade, difundindo adecuadamente a convocatoria. e non só no Boletín Oficial do Estado, para que todos os veciñas/os que cumpren os requisitos e poidan estar interesados, participen na convocatoria.

Os procedimentos de contratación levados a cabo có BNG no goberno de Ponteareas no 2003 sempre foron publicitados a traverso dos medios de comunicación, taboleiro do Concello e Boletíns, garantindo o dereito dos cidadáns a aspirar a un posto de traballo. O que significara un incremento espectacular no número de aspirantes e da súa cualificación para as prazas que se ofertaban, “só así se garante un concurso xusto”, afirman os nacionalistas.

Dende o BNG animamos a todos os veciñas/os que poidan estar interesados nestas prazas, que se acheguen ao Concello para coñecer a oferta e presentar a solicitude para participar nela.

O BNG ofrecese a dar toda a información precisa sobre esta convocatoria a aqueles veciños que non sexan atendidos debidamente no Concello.

.