Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A deputada do BNG no Parlamento
Galego, Tereixa Paz, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda á
Xunta de Galiza que adopte medidas para seguir e controlar as importacións de
leite procedente doutros Estadoss por parte das industrias que operan en
Galiza.
Asemade, solicítalle á Consellaría do Medio Rural que informe das xestións que
ten realizado ante o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño para
que se controlen e freen as importacións de leite procedentes doutros países.
“Mentres medran as importacións, ás explotacións galegas non se lle
garante a recollida da produción”
Tareixa Paz recoñece que “existen diversos factores que motivan que haxa
explotacións lácteas galegas que están a travesar unha situación delicada”.
Porén, subliña que “un dos factores sobre os que cómpre actuar de forma
inmediata son as importacións masivas de leite procedente países
excedentarios”.
A deputada do BNG denuncia que mentres que estas importacións medran
“curiosamente, existen problemas para garantirlles ás gandeiras e gandeiros
galegos a recollida da súa produción, e que ademais está a producir as
consecuencias xa coñecidas sobre os prezos do leite en orixe”.