
Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O alcalde Abel Caballero e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantiveron hoxe unha xutanza con representantes do sector turístico da cidade para presentarlles a Fundación Vigo Convention Bureau, o organismo que vai premitir que a nosa cidade entre no circuito para a organización de congresos, simposios e viaxes de incentivo a nivel internacional. Vigo entra así nunha entidade da que xa forman parte 37 cidades do Estado.
O tenente de alcalde indicou que na reunión estiveron presentes representantes dos diferentes sectores vinculados ao turismo (hosteleiros, hoteleiros, axentes de viaxes, organizadores de eventos...), que expresaron a súa satisfacción porque Vigo conte cunha estrutura estable que vai premitir dinamizar o sector. Santi Domínguez explicou que o Vigo Convenion Bureau “abre novas expectativas para o turismo en Vigo, porque vai facer que traballemos na desestacionalización do turismo”. Tamén sinalou que no encontro quedou de manifesto que se daba resposta a unha vella demanda do sector.
Sobre os prazos para a posta en marcha do novo organismo, o tenente de alcalde dixo que tras a sinatura da acta fundacional por parte dos socios fundadores nos vindeiros días, nomearase ao xerente e ao comité executivo no mes de agosto. Xa en setembro celebrarase a primeira reunión de traballo para presentar o Plan Estratéxico do Vigo Convenión Bureau.
O tenente de alcalde lamentou que a día de hoxe aínda o Concello non recibira resposta dos novos responsables da Xunta para incorporarse ao Vigo Conventión Bureau. Asegurou que a anterior Dirección Xeral de Turismo comprometera a súa participación cunha aportación anual definida, pero que tras remitirlle unha carta solicitando se ían a manter ese acordo “seguimos agardando, polo que o Convenion Bureau da principal cidade de Galiza vaise constituir sin a Xunta”.