14 julio 2009

A Guarda : Ruta Nocturna dos Petróglifos do Trega

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Concello da Guarda en colaboración co Instituto de Estudios Miñoranos organizan a Ruta Nocturna dos Petróglifos do Trega. O Punto de encontro para iniciar a ruta vai ser o Centro Cultural, ás 22.30. Desde o Centro Cultural e guiados por X. Lois Vilar, membro do Isntituto de Estudios Miñoranos e un dos grandes coñecedores das inscrición rupestres do Baixo Miño, iniciarase o percorrido polos principais petróglifos do Monte: a Laxe sagrada, a serpe, as coviñas do poboado castrexo...Para visualizalos empregarase un foco de luz que axudará a contemplalos en todo o seu esplendor.