REDONDELA (MORRAZO-TRIBUNA).- O Partido Popular de Redondela solicítalle ó goberno local que cese a súa actitude respecto das obras de humanización que se están a levar a cabo na rúa José Regojo. “Trátase dunha acción con falla de planificación e que supón un claro despilfarro”, asegura o concelleiro popular Alberto Pazos.
Con motivo da humanización de dita rúa estanse a cortar as árbores que no seu momento se plantaran e que agora comezaban a facer a súa función. “É un sen sentido que agora substitúan estas árbores, dun tronco de máis de 30 centrímetros, por outras de 14 a 16 centímetros”, sinala Pazos. “É ilóxico que talen unhas árbores para colocar outras; unha mostra máis da falla de planificación e despilfarro deste bigoberno”, conclúe o concelleiro.