PONTEAREAS (MORRAZO-TRIBUNA).- As nais e pais da parroquia de San Mateo de Oliveira levan meses reclamando a continuidade da escola unitaria da sua parroquia, escola para os nenos de 3 a 5 anos. Teñense movilizando na defensa da escolarización dos seus fillos no propio medio, realizado todo tipo de xestións, ante a Consellaría e o Concello, recolleron máis de 500 sinaturas de apoio dos veciños, teñen demostrado que o centro conta coa matrícula de nenos precisa para que teña continuidade, etc.
Sobre a continuidade da escola de San Mateo xa se manifestara tamén a Corporación Municipal de Ponteareas, apoiando todos os grupos políticos, no Pleno do mes de maio, a moción do BNG, de oposición ao peche da escola, acordo que o alcalde tiña que trasladar a Consellaría de Educación, xestionando o mantemento desta unidade educativa.
Para o BNG, resulta incríble o papel do alcalde neste problema, que despois de todo o esforzo que levan realizado os veciños da parroquia de San Mateo e o respaldo da Corporación, a resposta que as nais e pais reciban do alcalde sexa, “que non é suficiente”, sin ninguha formalidade, sin ningunha xustificación por escrito. Para o BNG, as veciñas e veciños de San Mateo merecen máis respeto.
“Salvador G. Solla, só ocupa o cargo de alcalde, pero non exerce como tal, fuxe dos problemas e non aporta solucións”, declarou Bolívar González, portovaz municipal do BNG, o nacionalista manifesta que estamos diante dunha nova demostración de incapacidade para xestionar un concello como Ponteareas.
Os nacionalistas, como primeira forza política da Corporación, obrigarán ao alcalde a dar explicacións na comisión de ensino, de todas as xestións realizadas, coa aportación da documentación e o posicionamento formal da Consellaría sobre a continuidade da escola de San Mateo no curso 2009-2010. “Ponteareas non pode permitir que Educación peche a escola de San Mateo, sin ningunha xustificación e provoque aínda máis masificación nos centros da vila”, manifestou Bolívar González.
A iniciativa do BNG recolle tamén que o alcalde convide a estar presentes na reunión da comisión de ensino, a unha representación das nais e pais da escola de San Mateo.