13 julio 2009

F-009 dice que no se quedará de brazos cruzados ante el agravio de la financiación autonómica

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que mentres outras comunidades autónomas xa pecharon o seu acordo sobre o financiamento autonómico, e mesmo celebraron os seus fondos, “para Galicia a negociación empeza agora”. En declaracións aos medios, o titular da Xunta sinalou que o Goberno autonómico continúa a avaliar o documento de 75 follas que onte lle remitiu o Ministerio de Economía e Facenda co modelo de financiamento autonómico.

“Para Galicia, a negociación empeza agora, unha vez avaliemos o documento”, insistiu o titular da Xunta, quen remarcou que “ata mañá ás 16 horas, en que se pecha o prazo para presentar as alegacións, seguiremos traballando na negociación de Galicia e no seu financiamento”.

Así mesmo, Feijóo reiterou o seu compromiso de manter informados aos representantes do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego de calquera modificación que se produza antes da xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira.