13 julio 2009

La Xunta se implica en la difusión de las nuevas tecnologías en el sector del Agroturismo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A secretaria xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, Carmen Pardo López, presentou hoxe oficialmente o proxecto Viajando por Besanas que se integra dentro do Programa Operativo do Obxectivo de Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo (SUDOE) 2007-2013 da Unión Europea. Este espazo, intergrado por España, Portugal, Francia e Reino Unido, pretende consolidar o Sudoeste Europeo como un espazo de cooperación territorial nos ámbitos da competitividade e a innovación, o medio ambiente, o desenvolvemento sostible e a ordenación do territorio, que contribúa a reforzar a cohesión económica e social no seo da Unión Europea.

Neste proxecto colaboran a Junta de Extremadura, a través da súa Consellería de Igualdade e Emprego, a Fundación Paideia-Galiza, o Concello de Santillana del Mar e mais o Ministerio de Agricultura, do Desenvolvimento Rural e das Pescas de Portugal e o orzamento ascende a 1.580.000 euros, dos que o 75% están financiados por fondos FEDER. O proxecto diríxese a fomentar, potenciar e impulsar o uso das novas teconoloxías da información e da comunicación a favor do desenvolvemento de contornos rurais. Este obxectivo levarase a cabo rescatando aquelas actividades encadradas nos sectores primarios e/ou de servizos con potencial para ser explotados como servizos e/ou produtos turísticos. O programa desenvolverase durante dous anos, ata abril de 2011.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, destacou que a importancia deste proxecto radica en que existen dúas razóns fundamentais para formar parte do mesmo que son a introducción das novas tecnoloxías no medio rural e a comercialización do producto Turismo Rural de Galicia. Polo tamaño das unidades de aloxamento rurais, resulta difícil o acceso às novas tecnoloxías da información e canles de comercialización “globais”; neste sentido, a laboura de Turgalicia, ten sido fundamental, coa sua propia central de reservas rurais; con este proxecto, dase un paso cualitativo mais que suporá sen dúbida unha modernización para o sector. A Fundación Paideia-Galiza xa fixo algunha iniciativa deste tipo pero coa súa inclusión neste proxecto pode ampliar a toda Galicia o radio de acción destas medidas. A próxima reunión dos socios integrantes terá lugar en Galicia en setembro e estará coorganizada pola Fundación Paideia-Galiza e por Turgalicia.

O proxecto, segundo a responsable autonómica do turismo, é unha oportunidade moi importante para dotar ao sector do turismo rural dunha infraestrutura tecnolóxica que contribúa a mellorar a comercialización do produto e a mellorar tecnolóxicamente os servizos que prestamos. O que permite o proxecto é constituír unha rede para facilitar ese acceso e esa mellora tecnolóxica.