14 julio 2009

A Guarda : el jabalí vuelve a tener en jaque las fincas de la parroquia de Salcidos

A GUARDA (MORRAZO-TRIBUNA).- La carta dirigida a la autoridad de la Xunta es bien elocuente : usted me dirá qué hacemos, pero el problema serio lo tenemos ahí, dice el Alcalde de A Guarda. Lean y juzguen :

A Guarda, 13 de xullo de 2009

Sr. Xefe Territorial da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestructuras
PONTEVEDRA


Estimado Sr. Xefe Territorial:

Como seguramente coñece, nos meses de verán dos dous últimos anos os xabaríns causaron grandes estragos nas leiras de millo da parroquia de Salcidos (A Guarda), sen que ata o día de hoxe nin a administración nin a sociedade de caza se fixeran cargo do abono dos danos. Houbo parcelas que quedaron completamente arrasadas como consta nos expedientes que se tramitaron.

Polas novas que temos este ano, e pola nosa propia constatación, sabemos que aumentou o número de xabaríns no monte Trega, no monte Terroso e na zona da Xunqueira de Salcidos. Polo antedito, é fácil supoñer que os cultivos, fundamentalmente o millo, van ser estragados este ano novamente de non adoptarse as medidas correctoras precisas.

Por iso me dirixo a Vde. a fin de que autorice canto antes as esperas e batidas necesarias para reducir o número de unidades de xabaríns desta zona, co que baixará o risco de perdas de colleitas dos nosos agricultores.

A sociedade de caza está disposta, ó igual que en anos anteriores, a levar a cabo as esperas e batidas que a administración autorice. Quero significarlle que a primeiros do mes de agosto é cando se producen os estragos, polo que as medidas deberán adoptarse inmediatamente.

Sen outro particular, reciba un atento saúdo,

O Alcalde,


José Manuel Domínguez Freitas