11 julio 2009

Guillerme Vázquez cree escandaloso el silencio de Feijóo sobre la moción de censura en Gondomar

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou hoxe de “escandaloso que, a día de hoxe, o señor Feijóo aínda non teña desautorizado a moción de censura en Gondomar”. O líder nacionalista compareceu esta mañá en rolda de prensa xunto co portavoz local e ex-alcalde do BNG, Antonio Araúxo.

Guillerme Vázquez acusou ao PP de “ser experto en trampas política” e de contribuír ao desprestixio d apolítica por abandeirar “unha moción da vergonza onde todo vale”.

“Querían que non se consolidase en Gondomar un goberno honesto ao servizo da xente”

Guillerme Vázquez subliñou que as mostras de apoio da xente de Gondomar ao alcalde do BNG “demostran que non había desgoberno, senón unha forma de gobernar distinta, honesta, ao servizo da xente, e iso é o que PP e PSOE non querían permitir, porque era un perigo para eles que se consolidase na mentalidade da xente de Gondomar”.

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG cualificou de “escandaloso” que “a día de hoxe o señor Feijóo non teña desautorizado esta moción, porque por moito que digan que os edís do PP de Gondomar se deron de baixa nesa formación política, a moción de censura foi anunciada e apadriñada polo presidente da Deputación de Pontevedra, o señor Louzán”.
“Un goberno sen programa que o único que os une é o Plano Urbanístico da corrupción”

Pola súa parte, Antonio Araúxo preguntouse “cómo é posíbel argumentar un desgoberno terríbel para xustificar a moción e agora, despois de dous anos, nin teñen programa de goberno nin reparto de áreas nin nada de nada”.

“Iso si, o único que os une –denunciou- é rescatar o PXOM de 2006, o Plano Urbanístico da corrupción e situar como tenente alcalde e responsábel de urbanismo a unha persoa implicada en delictos urbanísticos”.

“Se non houbo pacto co PSOE foi porque non lles deixamos meter a man na caixa do urbanismo”

A este respeito informou que “se non houbo pacto de Goberno do BNG co PSOE hai dous anos foi porque non lles deixamos meter a man na caixa do urbanismo”.

“Nós daquela podíamos pactar calquera cousa co PSOE, menos a limpeza e transparencia no proceso urbanístico que se tiña que abrir e por iso non houbo acordo. Iso para nós era innegociábel”, subliña.

Antonio Araúxo volveu agradecer o apoio de todos os veciños e veciñas de Gondomar e advertiu de que “o BNG vai facer a partir de agora unha política firme de fiscalización da acción de goberno” e marcarse como obxectivo de que “co apoio da xente, volver a recuperar a alcaldía dentro de dous anos”.