06 julio 2009

La diputada Olaia Fernández lleva el tema de la depuradora de Vigo al Congreso

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou o pasado xoves día 2 de xullo unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Goberno a que se deben os retrasos na construcción da depuradora de Vigo. “Cais son os problemas?”, pregunta Davila.

Ademais, a deputada nacionalista quer saber se xa se asinou o Convenio coa Xunta sobre o financiamento da depuradora. “En caso contrario, cando se prevé que se leve a efecto dito Convenio?”, pregunta Davila.

Pediu a Xunta un aprazamento da súa parte de financiamento?

A parlamentar do BNG lembra que actualmente está aprobada a planificación técnica da depuradora e só lle falta a asinatura dun Convenio sobre os prazos de financiamento por parte da Xunta. Pero, según trascendeu, puntualiza Davila, “a Xunta tería pedido ao Estado un aprazamento da súa parte de financiamento, situación que deixa nun auténtico interrogante o futuro desta necesaria infraestrutura”.

Olaia Fernández Davila pón de manifesto que nos Orzamentos do Estado se reserva unha partida duns 112 millóns para a depuradora viguesa, aproximadamente a metade do seu custe total. O que resta, sinala, “é responsabilidade da Xunta”.

Non se pode perder máis tempo

“Cal é o compromiso do Goberno coa construcción da depuradora de Vigo? Dadas as continuas demoras, que prazos se manexan para a execución desta infraestrutura? Cando contará a cidade viguesa coa depuradora en funcionamento?”, son algunhas das cuestións que a deputada formular ao Goberno.

Davila afirma que esta infraestrutura “é unha obra necesaria e que non se debería retrasar máis no tempo xa que a UE sancionou con 20 millóns ao Estado español polo mal saneamento da Ría viguesa”.