14 julio 2009

La Xunta da el visto bueno a los últimos remiendos en el plan general de Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe a orde pola que outorga o visto bo aos ámbitos en suspenso do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vigo, logo das modificacións introducidas para solucionar as deficiencias detectadas pola anterior Xunta na aprobación definitiva do Plan. O documento foi remitido ao concello esta mesma mañá.

A anterior Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes outorgou o 16 de maio de 2008 a aprobación definitiva do PXOM con carácter parcial, co obxectivo de que o Concello de Vigo corrixira unha serie de deficiencias atopadas no documento de planeamento presentado na Xunta. Neste senso, a orde ditada hoxe refírese exclusivamente ao documento reformado para cumprir o ditamen emitido pola anterior Xunta de Galicia.

En concreto, as áreas que quedaron en suspenso referíanse aos seguintes puntos:

1. Cualificación de terreos destinados a Sistemas Xerais.
2. Clasificación do Solo de Núcleo Rural, no relativo á acreditación do carácter tradicional das vivendas. Ademais, as áreas de expansión que afectaban a terreos que debían ser clasificados como solo rústico de especial protección, superaban a distancia máxima esixida na Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, ou ben non se xustificaba a súa necesidade.
3. Ámbitos de Solo Urbano Consolidado que non tiñan acreditada a concorrencia das circunstancias legalmente esixidas para esa categorización.
4. Normas que contraviñan prescricións da lexislación urbanística estatal ou autonómica.
5. Determinacións do informe da Dirección Xeral de Urbanismo en materia de costas, relativas á integración de terreos no Dominio Público Marítimo – Terrestre e á súa clasificación como Solo Rústico de Protección de Costas.
6. Erros materiais en Fichas de ámbitos de xestión, con referencia a Convenios non incorporados ao PXOM.
7. Falla da “Variante de trazado. Tramo Porriño-Vigo”, cuxo estudo informativo e incidencia supramunicipal foi aprobado definitivamente por Resolución do Secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento o 20/10/2007 (BOE do 25/10/2007).

O Concello de Vigo realizou as modificacións pertinentes para salvar as deficiencias sinaladas pola anterior Xunta. Posteriormente, o expediente municipal foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), con rexistro de entrada o 14 de abril de 2009.

Unha vez analizado dito expediente, e comprobado que coas modificacións introducidas eméndanse os erros observados, a Consellería remitiu hoxe ao concello a orde pola que se aproban os ámbitos en suspenso.