15 julio 2009

Libros de texto : la batalla no ha hecho sino comenzar, advierte el Bloque

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O secretario de Acción Municipal do
BNG, Manuel Antelo, e a portavoz do BNG na Comisión de Educación do
Paralmento Galego, Carme Adán, presentaron esta mañá en rolda de prensa
unha iniciativa que o BNG levará a todos os concellos de Galiza en contra da
supresión da gratuidade dos libros de texto dictada polo Goberno do PP e para
que se volva ao sistema anterior implantado polo Goberno Bipartito.
Coa reforma do Goberno do PP as familias galegas terán que pagar nos
próximos oito anos uns 330 millóns de euros
Carme Adán denunciou que coa supresión deste sistema “Galiza convértese,
por detrás de Madrid, na Comunidade con menos axudas ás familias para a
compra de libros de texto”. “
Ademais subliñou que “non é máis educativo, porque o anterior sistema
estimulaba aos nenos e nenas a compartir e conservar os libros; non é
ecolóxico, e tamouco é máis xusto nen solidario pois moitas familias con
rendas medias, como os mileuristas, non terán dereito a axudas”. “Non vemos
onde está a solidariedade”, advertiu.
Para a deputada do BNG “outra falacia do sistema que quere implantar o
Goberno do PP é a de que supón un aforro económico”. “Non é certo -advertiu-
, é un sistema que é 3,2 veces máis caro que o implantado polo Goberno
Bipartito, e ademais a maior parte do custo vano ter que asumir as familias
galegas, un auténtico ataque ás economías familias xusto neste momento de
crise económica”.
Neste sentido, Carme Adán explicou que “se ben é certo que o modelo que
quere implantar o PP ten un custo de 70 millóns de euros fronte aos 73 que
supuña o modelo de préstamo gratuíto, este último garantía a gratuidade total
ao 100% do alunado, mentres que o primeiro só o fará ao 25%”.
“E é que se o modelo do PP se estendese a gratuidade dos libros de texto ao
100% das familias suporía un sobrecusto nos próximos 8 anos de 330 milóns
de euros para as arcas públicas. É dicir, 3,2 veces máis caro ca o do Goberno
Bipartito, e ese custo é o que van ter que asumir as familias galegas”,
denunciou a deputada do BNG.
“Nos concellos o PP está a apoiar ou absterse na moción do BNG
porque a reforma do Goberno de Feijóo é indefendíbel”
Pola súa parte, o secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo,
salientou que a moción do BNG xa foi aprobada en concellos como Fene, As
Pontes, Betanzos, Foz, Malpica, Redondela ou Ribadavia.
Neste sentido, considerou “moi significativo que en case a totalidade dos casos
os concelleiros e concelleiras do PP optan por absterse ou mesmo apoiar a
moción do BNG, como no caso de Foz, porque non teñen argumentos para
defender ante os pais e as nais unha postura da Xunta que é totalmente
inxustificábel”.
Manuel Antelo anunciou que de aquí ao mes de setembro o BNG levará a
moción para que se manteña a gratuidade dos libros de texto a todos os
concellos galegos.
CADRO EXPLICATIVO:
Empregando as propias cifras difundidas polo goberno do PP:
Modelo PP Modelo Bipartito
Período Custe Cobertura Custe Cobertura
2009-2013 49 M € 25 % 73 M € 100 %
2013-2017 70 M € 25 % 73 M € 100 %
Comparación en condicións homoxeneas:
2009-2013 196 M € 100 % 73 M € 100 %
2013-2017 280 M € 100 % 73 M € 100 %
TOTAL 476 M € 100% 146 M€ 100%
DIFERENCIA : 330 MILLÓNS DE EUROS
O custe real do modelo proposto polo PP, en condicións homoxeneas, é dicer,
dandolle cobertura ao 100 % do alumnado ascenderia a 196 M de € no período
2009-2013 e a 280 M € no período 2013-2017, é dicer 330 M de € mais que o
previsto polo bipartido, 3.2 veces mais.
2013-2017: Implantación do modelo en todos os cursos