Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O concelleiro de Deportes mosense trasládase ata Barcelona para animar a Óscar Pereiro : Alberto Méndez saudou e felicitou ó ciclista antes do comenzo da séptima etapa do Tour de Francia
O edil de Deportes do Concello de Mos, Alberto Méndez Lago, desprazouse onte ata Barcelona para animar en persoa ó ciclista mosense, Óscar Pereiro, que estes días está a disputar o Tour de Francia. Méndez Lago quixo felicitalo antes da saída da etapa polo esforzo que está a realizar no Tour deste ano, despois do accidente que sufriu no 2008 ó que lle sucedeu unha importante lesión ocasionada pola altura dende a que se precipitou ó caer da súa bicicleta.
“Pereiro é todo un exemplo de traballo duro e superación, e é tamén o mellor embaixador deportivo que podería ter o municipio de Mos”, declarou Alberto Méndez onte dende Barcelona. Pola súa banda, Pereiro saudou afectuosamente ó edil ó que xa en varias ocasións lle ten manifestado públicamente o seu agradecemento. Sen ir máis lonxe, na conferencia do Campus de Verán Multideporte que se celebrou fai poucos días no mosense Centro Multiusos das Pozas, o ciclista deulle as gracias ó edil e ó equipo de goberno do Concello de Mos “polo gran apoio que na actualidade lle están a prestar á Fundación Óscar Pereiro”.