Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra desenvolve catro plans, cun importe total de 15 millóns de euros, para afrontar a Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns ós Servizos Públicos que obriga ás Administracións Locais a que os servizos electrónicos sexan accesibles para tódolos cidadáns a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2010.
Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a institución está a rematar a implantación do servizo interno de Telecomunicacións a través dun Plan de Comunicacións que, mediante unha Rede Multiservizo, conectará a institución e os seus 41 centros ubicados en edificios.
O segundo dos plans en marcha da Deputación é o que achega a Banda Ancha a tódolos cidadáns. Neste senso, catro concellos da provincia (Agolada, Arbo, Meis e Pazos de Borbén) serán os primeiros, dentro de quince días, en por en marcha unha experiencia piloto de conexión Wi-Max que, a continuación, será implantado nos 55 concellos adheridos ó plan provincial.
O terceiro dos programas é o Plan de Dixitalización Documental e Audiovisual que recollerá e informatizará o 100% do arquivo da Deputación de Pontevedra, e unha parte importante dos arquivos municipais dos concellos da provincia.
Plataforma de Administración Electrónica
E, finalmente, Louzán anunciou a implantación dunha Plataforma de Administración Electrónica para que o cidadán poida realizar todos os trámites administrativos vía telemática. Os pregos para a súa contratación sairán a concurso dentro de 15 días. Este proxecto conlevará a implantación dos portais dos concellos baseados no sistema multientidade, accesibles e integrados no portal que a Deputación porá en marcha a nivel interno.
Esta Plataforma facilitará a consulta ó cidadán dos seus datos privativos e permitirá tramitar solicitudes, obter documentos de xeito telemático, realizar a firma dixital, configurar un sistema de xestión de expedientes a nivel interno na Deputación e implantar unha serie de solucións de xestión unificadas nos concellos, coma sistemas para a xestión do padrón, de expedientes, ou de asuntos documentais ou económicos. Dende setembro, xa se poderán facer os pagos dos tributos locais, a través do ORAL, vía telemática.
Según Louzán, os anteditos plans da Deputación _algúns rematados ou en proceso de remate e outros en curso_ permitirán mellorar a relación co cidadán e o trámite administrativo, nunha administración sempre dispoñible, conectada, multicanle, interoperable, segura e pública. E converterán á Deputación de Pontevedra na primeira Administración Galega cen por cen IP, na que converxen Voz e Datos.