15 julio 2009

Por fin : medalla de oro de la provincia para la Escuela Naval Militar de Marín

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O goberno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe conceder a Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra á Escola Naval Militar de Marín. O acordo será ratificado por tódolos grupos que conforman a Corporación Provincial no vindeiro pleno que se celebrará a finais do presente mes de xullo.
A concesión dos Premios Provincia de Pontevedra foi institucionalizada no ano 2005. Dende entón, vense concedendo unha Medalla de Ouro da provincia ás personas ou entidades destacadas no ámbeto provincial polos seus merecementos extraordinarios ou labouras distinguidas prestadas en favor da provincia. Dende o citado ano de 2005 foron galardonados con esta distinción Caixanova (2005), a factoría PSA Peugeot Citröen (2006), Pescanova (2007) e Supermercados Fróiz (2008).
Os galardóns _que inclúen tamén cinco mencións honoríficas_ son entregados cada ano con motivo da festividade da Virxe Peregrina, patrona de Pontevedra.
Nesta ocasión, o goberno que preside Rafael Louzán tivo en conta o arraigo, a promoción da provincia, as sinerxias que xenera e a traxectoria de gran implicación social da Escola Naval Militar de Marín. Este centro imparte formación militar, naval e técnica dos seus alumnos para capacitalos no desempeño das función que lles correspondan ó acadar o seu primeiro emprego como Oficial da Armada. O centro marinense é onde se forman a totalidade dos Oficiais da Armada Española e conta cun denso programa de actividades que inclúen clases teóricas e exercicios de educación militar, mariñeira e deportiva.
A Escola Naval Militar de Marín é un centro adscrito á Universidade de Vigo. A través do Centro Universitario de Defensa impartirá o Grado de Enxenería Industrial, con especialidade en Mecánica. No recente convenio suscrito coa Universidade de Vigo, prevése que no centro se poidan cursar estudios de postgrado e de doctorado, o que permitirá que a Escola Naval Militar de Marín amplíe as súas actividades a diversos campos de investigación e aumente o seu número de alumnos de xeito significativo.
A concesión da Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra tén en conta o papel do centro marinense na profesionalización do Exército e a imaxe que proxecta dunhas Forzas Armadas modernas e socialmente integradas.