Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Pazo Provincial acollerá o vindeiro martes, 14 de xullo, ás 12:00 horas, a presentación do informe da Fundación Telefónica sobre a aplicación das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) nun sector clave para o bo funcionamento da nosa sociedade: a Administración local.
Rafael Louzán presidirá este acto, que contará coa presenza do Conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta Galicia, Alfonso Rueda, do Director Territorial de Telefónica en Galicia, Ignacio Aller, e dos poñentes Fernando Castro Abella, director de El Consultor, Miguel Ángel Davara, catedrático da ICAI-ICADE, e Eusebio Bautista, director de Relacións Corporativas de Telefónica.
A importancia do informe reside en que a lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns ós Servizos Públicos obriga ás Administracións Locais a que os servizos electrónicos sexan accesibles para todos os cidadáns a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2010. Nese sentido, Telefónica xa está a facilitar ós seus clientes un apoio multidisciplinar tanto no seu aspecto xurídico coma tecnolóxico e de xestión do cambio.
Demanda de servizos
O informe de Telefónica céntrase nas Administracións locais por ser os órganos públicos clave para dinamizar o uso das novas tecnoloxías na sociedade, xa que se trata do organismo máis achegado e o que mellor coñece as necesidades dos seus cidadáns e empresas. O obxectivo final é o de conseguir unha Administración local sempre dispoñible, conectada, multicanal, interoperable, segura e pública.
O estudo analiza os servizos que prestan un maior beneficio e os canais máis apropiados para a xestión municipal. Na actualidade, os servizos que no ámbito da Administración local utilizan máis as TIC son os de Atención ó cidadán, cun 92%, seguidos de Servizos de información, cun 65%, e dos Servizos de notificación, cun 38%. Nas últimas posicións atópanse as categorías de Participación cidadá e Carpeta do cidadán, co 5,4% e o 2,7%, respectivamente.
En canto as canles empregadas, as entidades locais xa ofrecen os seus servizos utilizando plataformas multicanle. Internet e presencial son os máis usados, cun 97,3% e o 86,5 respectivamente. O móbil e á canle telefónica sitúanse a un nivel próximo ó 75% e, finalmente, atópase a TDT, cun 29,7%. O 91,8% das entidades locais enquisadas utilizan máis de dúas canles e en case o 25% dos casos, empréganse todas as canles, presencial, internet, móbil, telefónico e TDT.
O uso das TIC na Administración local permite maximizar a utilidade dos seus recursos e aumentar o valor da actividade pública no seu conxunto. As TIC melloran a relación co cidadán e o trámite administrativo, os procesos administrativos, a xestión dos fluxos de traballo e a prestación de novos servizos.
A empresa Telefónica traballa desde hai tempo coas administracións locais para desenvolver proxectos orientados á implantación de ferramentas de