Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O tenente de alcalde califica de “hipócrita” ao PP por criticar das festas o mesmo que facían cando gobernaban : Santi Domínguez Olveira calificou de “hipócritas” aos representantes do Partido Popular no Concello de Vigo polas críticas que hoxe fixeron á programación das Festas de Verán presentado onte. O nacionalista dixo non entender como critican o que eles mesmos fixeron durante os catro anos nos que foi alcaldesa Corina Porro.
A preguntas dos xornalistas sobre as críticas realizadas polo PP sobre que o programa só esté en galego, que non se inclúa a procesión do Cristo ou que os concertos teñen unicamente un afán recaudatorio, o tenente de alcalde dixo que “se esas son as críticas que fai ás Festas, acaba de darnos un sobresainte polo programa”. Santi Domínguez sinalou que non entran na calidade da programación ou na súa variedade e simplemente cuestionan aspectos que están exactamente igual que os catro anos cando gobernaba o Partido Popular.
O tenente de alcalde asegurou que nesa etapa os programas das Festas estaban elaborado unicamente en galego e que en ningún deles aparece o primeiro domingo de agosto recollida a celebración da procesión do Cristo da Victoria. Con eses catro programas na man, leeunos un por un para demostrar que todos eles están escritos en galego e que en ningún está a procesión ou San Roque. Por iso Santi Domínguez considera que “son uns hipócritas e minten”.
En canto á procesión do Cristo asegurou que desde o Concello se lle dará todo o apoio, como sempre se fixo, pero mantén que “non é unha feste é algo máis”. Segundo explicou, “é unha manifestación de fe” e non se pode enteder como un acto lúdico ou festivo que son os que se recollen no programa. A este repsecto, sinalou que “nunca teño escoitado calificar ao bispo que o que fan 200.000 persoas o primeiro domingo de agosto é algo festeiro”. O nacionalista insistiu en que o feito de que non apareza recollida “non é facerlle un desprezo á procesión”, senon darlle o carácter que realmente ten.
En canto á suposta finalidade recaudatoria que, segundo o PP teñen os concertos, o nacionalista lembrou que os dous concertos de maior nivel e que máis costa (Leonard Cohen e Keane) son en Castrelos. “Parece que non leen nin o programa nin a prensa e o único que queren é criticar”, dixo. Santi Domínguez indicou que hai unha ampla variedade e cantidade de concertos en diferentes escenarios (Castrelos, Peirao de Trasatlánticos, Praza da Estrela, Praza da Constitucións...) e a meirande parte deles son gratuítos.
Por último o tenente de alcalde asegurou que as críticas do PP se limitan a esas cuestión “porque non poden criticar a programación”. Santi Domínguez asegura que non admite comparación coas que fixo o PP cando gobernaba, nin en variedade, nin en cantidade, nin en calidade.