Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).“Comprensión cara ao sector lácteo e solidariedade coas súas reivindicacións, que son as nosas”, esta é a mensaxe que lanzou esta mañá o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aos gandeiros de Galicia, aos que lles transmitiu que o Executivo autonómico entende e comparte a súa situación.
“Entedemos e compartimos a súa desolación e entendemos e compartimos que neste momento o Goberno de España non está tendo en conta a gravísima crise que está vivindo o sector gandeiro, e concretamente o sector lácteo”, sinalou o presidente galego. A este respecto subliñou que “mentres non sentemos a produtores, fabricantes e distribuidores e manteñamos un prezo mínimo que cubra os custos do leite, o Goberno de España non se enterará do problema do sector lácteo”.
“Nós si que nos enteramos”, argumentou, “polo tanto, o único que lles podo pedir aos gandeiros que se están a manifestar, e que non interrompan o funcionamento das vilas onde se están manifestando; pero o que tampouco lles podo quitar é a razón porque creo que a teñan”.