12 diciembre 2008

FECIMO lleva la animación callejera a las diferentes localidades de O Morrazo

CANGAS-BUEU-MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- Gran campaña de animación navideña la que arranca de la mano de FECIMO, comprendiendo espectáculos de animación en las calles y otras destacadas actividades que ahora detallamos de seguido.

Un ano máis, de cara a dar a coñecer a campaña e como complemento da mesma, FECIMO organizará actividades de animación na rúa. Esta iniciativa buscará, coma sempre, dinamizar as nosas vilas nos principais días de Nadal e vacacións para os máis pequenos, á vez que revalorizar a imaxe do noso comercio, hostelería e pequena empresa.
O Mundo do Circo
Este ano preséntase “O Mundo do Circo”, un grande espectáculo para adultos e cativos, que conta con actuacións de paiasos, acrobacias, malabares, talleres de manualidades, xogos, etc, e que conta cun equipo de 7 persoas actuando en cada localidade.
Datas e Horarios
As actividades que terán lugar nos tres municipios os días 22 e 23 de Decembro de 17:00h a 19:00h, complementarán as que desenvolven as concellerías de cultura dos concellos do Morrazo.
BUEU, na Praza do Concello
CANGAS, na Alameda Vella
MOAÑA, na Alameda da Seara
A todas aquelas persoas que se acheguen a estes lugares, CUN BOLETO DA CAMPAÑA “XUNTOS…FACEMOS NADAL NO MORRAZO”, dos que se están a repartir nos establecementos asociados polas compras efectuadas, daráselle a oportunidade de participar nos xogos de agasallos.
Todos os que asistan e participen nas actividades de animación sairán do recinto cun agasallo.
Fecimo anima a disfrutar as festas navideñas na rúa e a coñecer “O Mundo do Circo” onde a diversión está asegurada.