VIGO (MORRAZO-tribuna).-O Banco do Tempo (BdT) da Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza un obradoiro de como traballar o coiro. O luns 15 de decembro de 17 a 19 horas no local da Federación Veciñal “Eduardo Chao” (pz. da Princesa 7, 2º). Unha das socias do Banco adicará o seu tempo a compartir os seus coñecementos en torno a como facer chaveiros, pulseiras, separa páxinas..., pensando en preparar nós mesmos pequenos agasallos de cara ao Nadal. O obradoiro é gratuíto e a mestra achegará as ferramentas precisas para traballar o coiro; os participantes tan só deberán aboar o custe das pezas de coiro empregadas ao prezo simbólico dun euro cada unha.
Poderán participar 15 persoas sexan ou non socias do Banco do Tempo. Para anotarse as persoas interesadas poden achegarse á Federación Veciñal “Eduardo Chao” na praza da Princesa nº7, 2º, chamar ao 986 223 067 en horario de 9:30 a 13:00 horas ou enviar un e-mail a bancosdotempo@favec.es. Terase en conta a orde de inscrición para cubrir as prazas dispoñibles.