11 diciembre 2008

Festival de Corales, este sábado en Pontevedra, con el impulso de la Deputación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Perto de trescentos coralistas, pertencentes a oito agrupacións, participarán no I Festival de Corais no Teatro Principal de Pontevedra o día 13 de decembro. O festival, que orgaiza a Deputación de Pontevedra, foi presentado hoxe polo vicepresidente e deputado de Cultura, José Juan Durán, a vicepresidenta Teresa Pedrosa e Gloria Rodríguez, gerente territorial de la Fundación Caixa Galicia, entidad colaboradora.

A primeira fase deste festival tivo lugar o pasado 29 de novembro no Auditorio da Xuventude de Cambados cun gran éxito de participación.
Nesta segunda fase en Pontevedra, que comezará ás 17,00h., as corais participantes son: o Coro Chorima da Asociación de Mulleres de Moaña, que dirixe Rosa María Cerviño e agrupa a 32 membros; a Agrupación Coral Pazo de Oca, de A Estrada, dirixido por Anxo Abel Souto, e con 31 compoñentes; a Coral Moañesa, baixo a batuta de Manuel Iglesias e con 51 coralistas; a Coral Airiños da Asociación Cultural Dep. de Campañó, de Pontevedra, con 33 músicos baixo a dirección de Sonia Bouzada Pérez; o Coral Polifónica “Queixumes” do Hío, de Cangas de Morrazo, con 52 músicos e a dirección de Mª Victoria Balado; a Coral Polifónica de Rodeiro, de 30 compoñentes e dirección de Alberto Conde García; a Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo, de Ponteareas, con 52 músicos dirixidos por Manuel Ángel Viro Caamaño e a Coral Polifónica Estradense, co 40 cantantes, baixo a batuta de Javier Comesaña Pereira.
As corais que participan teñen un minimo de 30 membros e un máximo de 60, ata un máximo de oito en cada zona. Cada coral interpretará tres obras, sen acompañamento instrumental, das cales polo menos unha deberá ser de autoría ou temática galega.
Todas as corais participantes neste festival recibirán un diploma acreditativo e un trofeo que se entregará ao finalizar as actuacións, sobre as 19,00h.
A Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das corais da nosa provincia, pon en marcha esta inicitiva.