12 diciembre 2008

Presentación de libro
esta tarde en Cangas

CANGAS (MORRAZO-tribuna).- Co apoio da Concellería de Cultura e Educación do concello de Cangas na tarde deste venres terá lugar a presentación do novo libro de Rosendo Díaz-Peterson titulado "Alicia". O acto será este venres 12 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Cangas e contará coa presenza de Heitor Mera: profesor e crítico literario; e Natalia Cora: responsable da Axencia literaria Galega, ademais do autor.