12 diciembre 2008

O BNG reunese este venres cós colectivos sociais para informar sobre o plan de investimento local en Ponteareas

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Ponteareas, celebrará este venres 12 de decembro ás 20.30 horas no centro cultural Xinzo unha reunión de traballo aberta a todos os veciños/as e colectivos sociais do concello, asociacións de veciños, comunidades de montes, entidades culturais, traídas de augas, etc., donde se informará sobre os fondos de investimentos local e se abordarán as distintas propostas e necesidades que os veciños consideren prioritarias.

Os nacionalistas fan fincapé na importancia de escoitar aos colectivos veciñais, que son os que mellor coñecen as necesidades prioritarias, con este motivo plantexarán, no pleno extraordinario, a creación dunha comisión, coa participación dos colectivos sociais e os grupos políticos da coorporación. Esta comisión terá o cometido de realizar a proposta das obras de execución inmediata, do concello de Ponteareas, a incluir no Fondo Estatal de Investimento Local.
Para o BNG, os fondos de investimento local, que en Ponteareas ascenden a case 4 millóns de euros, deben ir enfocadas a obras que poñan en marcha servizos públicos básicos tan necesarios e demandados no noso concello, obras e actuacións que sirvan para apoiar os nosos sectores económicos, e que cubran as necesidades dos veciños/as de Ponteareas.
Para o BNG, é o momento de que o goberno municipal atenda todas aquelas demandas sociais que ata agora demoraba.