RIANXO (MORRAZO-tribuna).- Un auto xudicial ditado polo Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 de Santiago, con data do 17 de novembro de 2008, autoriza aos funcionarios da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, “asistidos no seu caso das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, para a entrada en horas hábiles” na casa que pertenceu ao artista e político Daniel Rodríguez Castelao, “para proceder á comprobación do estado actual do interior do inmoble e das súas pertenzas, así como a efectuar unha reportaxe fotográfica aos efectos de completar a documentación necesaria no expediente de declaración de ben de interese cultural”.
A Consellaría de Cultura e Deporte, a través do seu departamento de Patrimonio, iniciou os traballos para a declaración de BIC na categoría de “sitio histórico” deste inmoble en xullo de 2006, pero atopouse coa repetida negativa do seu propietario, Javier Baltar, a permitir o acceso dos técnicos de Cultura ao interior do edificio. Foi por iso que a Xunta decidiu reclamar por vía xudicial este acceso, que foi confirmado o pasado día 17 de novembro polo Contencioso de Santiago de Compostela.
Logo deste auto, Patrimonio requiriulle oficialmente ao propietario para que se puxera en contacto coa Dirección Xeral para concretar os detalles da visita dos dous técnicos da Consellaría ou noutro caso esta marcaría a data concreta daquela. Por agora o propietario non se dirixiu á Dirección Xeral de Patrimonio con ese fin.
Cronoloxía dos feitos
O 24 de xullo de 2007 Patrimonio abriu o expediente de incoación de BIC da casa natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sita na Rúa de Abaixo de Rianxo, co que se pretende evitar calquera tipo de agresión a este ben. En outubro dese mesmo ano o propietario presentou alegacións, que xa foron respondidas debidamente por parte de Patrimonio. Para proceder definitivamente á declaración de BIC, logo de que xa se dispuxera do informe positivo das entidades consultivas que prevé a lei, cómpre que os técnicos comproben o estado do inmoble, estudo que aínda non puideron facer ata a data por mor da oposición do seu propietario.
Catalogación universal da obra de Castelao
Por outra banda, a Consellaría de Cultura e Deporte impulsou a catalogación universal da obra de Castelao coa sinatura dun convenio coa Fundación Castelao. Este acordo supón o comezo dun dos labores de compilación máis difíciles, debido ás características da obra deste escritor: moi ampla (máis de 3.000 pezas) e diversa así como repartida por diferentes países.
A dificultade de localización e compilación de todo o material creativo do escritor galego, así como de fotografías ou gravacións nas que apareza, levou á consellaría a investir 300.000 euros neste convenio, mentres que a Fundación Castelao se comprometeu a elaborar un catálogo dixital que estará a disposición do público no Arquivo Nacional de Galicia.
O proxecto, coordinado polo vicepresidente da Fundación, o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, conta cun grupo de 5 especialistas que está acudindo tanto a institucións públicas coma privadas que garden parte da obra do galeguista, a hemerotecas xornalísticas e mesmo coñecidos na procura da obra inédita.
A obra do rianxeiro está integrada por colaboracións literarias, creacións en prosa, textos teatrais, artigos, discursos parlamentarios, cartas, manuscritos, debuxos... pero ademais repartidos polos lugares nos que foi transcorrendo a súa vida: Galicia, Madrid, Arxentina, Estados Unidos, Cuba, Montevideo, México, Chile ou Venezuela.