VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que no actual contexto de crise, “a tarefa máis urxente que se nos plantexa” consiste en “reactivar o investimento e reanimar o consumo para impedir a destrución de emprego”. Ese é engadiu, o obxectivo no que o Goberno galego está a traballar “intensamente, e utilizando todos os resortes dispoñibles”, ao igual que fan todos os estados do noso contorno e o propio Goberno de España.
Emilio Pérez Touriño presidiu este mediodía o xantar-coloquio organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección baixo o lema Orzamentos 2009: Galicia ante a crise, no que tamén estiveron o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride. O xefe do Goberno autonómico lembrou que foi nese mesmo foro onde, xa no mes de xaneiro, anunciou o primeiro paquete de medidas que o Goberno galego puxo en marcha para facerlle fronte a crise.
“Dende aquela estamos a traballar en tres liñas de actuación: o estímulo á demanda privada co reforzamento do investimento público, o apoio financeiro á actividade empresarial e as políticas activas de emprego e protección social”, resaltou.
A maior cifra de licitación de obra pública da historia de Galicia
Ao respecto da estímulo da demanda, Pérez Touriño referiuse ao plan de dinamización da obra pública que a Xunta puxo en marcha para compensar a caída do sector da construción, un plan que permitiu a licitación, entre xaneiro e outubro, de obras por un importe de 997 millóns de euros, un 20,5 por cento máis que na totalidade do 2007.
“Trátase –resaltou-, dunha cifra nunca acadada en anos anteriores. Por primeira vez na historia, a licitación de obra pública promovida pola Xunta de Galicia vai superar este ano con creces, xa os supera a día de hoxe, os mil millóns de euros”.
2.000 millóns de euros para financiar os proxectos empresariais
Sobre o segundo eixe, o apoio financeiro, o presidente da Xunta salientou que Galicia foi a primeira comunidade en asinar un convenio co Instituto de Crédito Oficial por valor de 450 millóns de euros, e tamén a primeira rexión europea en acudir ó Banco Europeo de Inversión onde obtivo 200 millón de euros para reforzar o financiamento das empresas galegas. Da mesma forma, Pérez Touriño destacou que Galicia volveu a ser pioneira en España, ao propiciar acordos coas entidades financeiras e coas sociedades de garantía recíproca para impulsar tres novas liñas de apoio ás pemes: unha para financiamento do seu circulante, outra para refinanciar os seus pasivos e a terceira para ampliar capital.
“Os resultados desa estratexia son ben significativos. En dez meses, o apoio financeiro prestado pola Xunta á activación empresarial ascendeu a 572 millóns de euros, cifra que supón máis do 80 por cento do compromiso anual”, salientou o titular do Goberno galego, quen engadiu que o compromiso da Xunta para o ano entrante, segundo as previsións fixadas nos Orzamentos, consiste en duplicar o apoio financeiro ás empresas. “Aspiramos a facilitarlles algo máis de 2.000 millóns de euros para mobilizar un investimento por valor de 3.114 millóns”, afirmou.
No tocante ás políticas activas de emprego e a protección social, o máximo mandatario galego lembrou a posta en marcha dun programa, dotado con 101 millóns, que pretende chegar a 20.000 beneficiarios co obxectivo de “fomentar o emprego mediante o reforzamento de incentivos á contratación, favorecer a mobilidade de cara á sectores de maior demanda, e potenciar a formación e recualificación de recursos humanos”.
Nese sentido resaltou os programas sectoriais aprobados polo Goberno galego, por importe de 33 millóns de euros, dirixidos aos profesionais do sector téxtil, da automoción, da lousa e da construción, complementados con liñas de apoio ao sector lácteo-gandeiro e axudas para favorecer o autoemprego.
Touriño destacou así mesmo a importancia do programa de vivenda de aluguer, o establecemento dun complemento de pensións non contributivas, o impulso ao desenvolvemento da Lei de Dependencia, ou o reforzamento dos servizos sanitarios e educativos.
O presidente do Goberno galego afirmou que “estas medidas nin son illadas nin teñen un carácter exclusivamente defensivo”, senón que, engadiu o presidente “ se enmarcan nunha estratexia de desenvolvemento sostible compartida con axentes sociais, empresarios e sindicatos”.
Orzamentos de 2009, mantemento da aposta polo crecemento sostible
Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico destacou que os Orzamentos da Xunta para 2009, que recollen a dotación para desenvolver todas as medidas activadas fronte á crise, manteñen a aposta por un crecementos sostible, o que, dixo “é o elemento cualitativo que se resume na sentencia crecer máis e mellor”.
Consonte explicou o titular do Goberno galego apostan por un crecemento sostible, inclusivo, compartido, baseado no aproveitamento racional dos recursos da Comunidade e que utiliza o coñecemento e a innovación como principal materia prima”, para seguir facendo fronte a crise. Salientou que “ esas son as coordenadas nas que se moven os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o 2009” e remarcou que o Goberno galego non cambiará de rumbo, senón que “acelerará a construción do modelo que iniciamos hai case catro anos”.
O xefe do Executivo autonómico explicou que as contas públicas para 2009 se fixan e cuantifican en nove eixes: a educación, a sociedade da informacións máis o I+D+i, as infraestruturas de transporte, o apoio á actividade empresarial, o fomento do emprego, os servizos sociais e dependencia, o transporte público, a vivenda e a sanidade. Nove eixes que se engloban en dúas grandes liñas de gasto: o gasto produtivo e a política social.
O titular do Goberno galego salientou que as nove áreas conforman “a columna vertebral” duns Presupostos orientados a mitigar os efectos da crise sobre a actividade económica, favorecer a creación de emprego e garantir o desenvolvemento das políticas sociais. Pérez Touriño engadiu que son ademais uns Orzamentos “que seguen a mesma traxectoria e responden á mesma estratexia de desenvolvemento que nos trazamos desde o primeiro día”.
Como mostra do compromiso do Goberno galego co investimento produtivo, Touriño indicou que a dotación deste capítulo nos Orzamentos da Xunta para 2009 é “superior en 5 puntos ao do resto das comunidades autónomas, mantendo a superioridade dos tres anos precedentes. Ademais, en relación coas políticas sociais, subliñou que “seis de cada dez” euros das Contas da Xunta para 2009 se destinan a a eses fins.
“Non houbo cambio de rumbo como consecuencia dos ventos desfavorables que sopran na economía mundial. Houbo polo contrario, a decisión de acelerar a construción do novo modelo que iniciamos hai case catro anos”, incidiu.
O xefe do Goberno galego explicou que o tecido produtivo galego sofre as consecuencias da crise pero “aguanta mellor que o resto de España e que os países do seu entorno”. Neste sentido, asegurou que, segundo os indicadores de crecemento, converxencia e mercado laboral, a economía galega “medra máis que a española, segue acercando a súa renda por habitante á media europea e destrúe menos emprego”.
Dez trimestres crecendo máis que a media española
Deste xeito, Pérez Touriño lembrou que o PIB real xerado en Galicia no terceiro trimestre de 2008, rexistrou un incremento interanual do 1,6 por cento, un crecemento inferior en oito décimas ao rexistrado no trimestre precedente pero que supera en sete décimas ao crecemento medio de España e en nove ao da Eurozona. Con todo isto, o titular da Xunta asegurou que “Galicia leva dez trimestres consecutivos crecendo máis que a media española e incrementando o diferencial, feito que supón un cambio de tendencia na nosa historia recente”, resaltou.
O presidente da Xunta destacou que nos últimos tres anos, a renda media dos galegos medrou un 11,2 por cento en termos reais, cinco puntos máis que a renda media española. Pérez Touriño explicou que ese diferencial de crecemento favorable a Galicia tradúcese “nun significativo avance no proceso de converxencia co resto de España e cos países da Unión Europea”. O titular do Goberno galego salientou que, desde o 2005, en só dous anos, “a brecha que nos separa da Unión Europea reduciuse en 6 puntos en termos de PIB por habitante, ata situarnos por riba do 90 por cento da renda media europea”, e os últimos datos indican “que Galicia segue a reducir a diferenza”.
Ao respecto do emprego, o máximo mandatario afirmou que as cifras “non son boas para ninguén” e lembrou que o número de parados en Galicia medrou un 18,5 por cento mentres en España se incrementou nun 42,7 por cento, case o dobre que na Comunidade galega.
Touriño apelou á necesidade de “traballar para restaurar a confianza e a seguridade” e destacou que a primeira obriga que impón como presidente a todos os galegos e galegas é ”transmitir confianza en nós mesmos, na nosa capacidade de superar os atrancos”. O titular do Goberno galego incidiu na necesidade de “traballar con determinación en todas as frontes” e de “remar todos xuntos” superando “disputas estériles”.