05 marzo 2009

II GALA DO DEPORTE GUARDÉS

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Dende a Concellería de Deporte do Concello da Guarda queren lembrar que este venres día 6 de marzo de 2009 as 20:00 horas, terá lugar no Centro Cultural a II Gala do Deporte Guardés, coa que se pretende galardoar aos deportistas da Guarda que acadaron durante o 2008 un posto destacado en competicións autonómicas, nacionais ou mundiais e tamén a aquelas persoas e/ou clubs pola súa dedicación e promoción do deporte.