05 marzo 2009

A vueltas con el lío de las facturas mensuales de las eléctricas

PÉREZ BOUZA DEMANDA AO GOBERNO QUE SUPRIMA A TARIFA MENSUAL “PARA EVITAR AS ARTIMAÑAS DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS, QUE ESTÁN A PERXUDICAR A MILES DE CONSUMIDORES”
O ministro de Sanidade e Consumo recoñece ao senador do BNG “a preocupación do Goberno polo problema” e confías nas actuacións da Comisión Nacional da Enerxía

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, demandoulle esta tarde ao Ministro de Sanidade e Consumo, Bernat Soria, que o Goberno anule a factura mensual da luz “en canto non se garanta que as compañías eléctricas fan unha lectura mensual e real dos contadores, pois do contrario seguiranse producindo múltiples irregularidades en prexuízo dos consumidores”.

Pérez Bouza preguntoulle esta tarde no Senado ao ministro de Sanidade e Consumo polas actuacións do Goberno ante as múltiples queixas dos consumidores polas presuntas irregularidades nas facturas eléctricas correspondentes aos meses de novembro, decembro e xaneiro.

“Erros nas facturas de até o 40%”

O senador do BNG explicou que estas irregularidades derivan da aplicación da nova normativa do Ministerio de Industria que obrigas ás compañías eléctricas a realizar unha facturación mensual a partir de xaneiro deste ano.

Sen embargo, Pérez Bouza denunciou que “as eléctricas cumpren a normativa pero o que non fan é unha leitura mensual dos contadores, seguen realizando unha leitura bimensual para aforrar custos, e realizan unha estimación de consumo que os clientes descoñecen, o que está a crear desconcerto e inseguridade”.

O senador do BNG advertiu de que este sistema de factura “posibilita que as compañías eléctricas cometan artimañas que perxudican seriamente aos consumidores, como marxes de erro de até o 40% na estimación do consumo; negativas a realizar devolucións, ou consumidores que foron penalizados por teren un consumo mensual superior a 500 KW”.

O BNG defende volver ao recibo bimensual en canto non se faga unha lectura real dos contadores

Ante esta situación, Pérez Bouza defendeu que “só haxa factura mensual só se hai lectura mensual, senón retornar á factura bimensual e en base a consumo real, non consumos ficticios”

Tamén demandou “a apertura de expedientes informativos que, se conclúen que as empresas cometeron abusos, deberan terminar en sancións”.

O ministro recoñece a gravidade do problema e confía na actuación da CNE

Na súa resposta, o Ministro de Sanidade e Consumo alegou que as competencias de consumo corresponden tamén ás Comunidades Autónomas. En canto á actuación do Goberno, ademais das reunións mantidas coas eléctricas e cos consumidores, Bernat Soria informou de que a Comisión Nacional da Enerxía “abriu un expediente informativo ás eléctricas para avaliar a magnitude das irreglaridades de decembro e xaneiro e estableceuse a obriga de refacturación en caso de que se demostrasen irregularidades”.

Porén, o ministro non se pronunciou sobre a petición do BNG de que se volte á tarifa bimensual en canto as compañías eléctricas non fagan unha lectura real e mensual dos contadores.