Participou esta tarde nunha reunión da Xunta Directiva Provincial de Pontevedra, onde a súa lista foi a máis votada agás en só 2 concellosFeijóo: “puxemos fin ás tendencias descendentes do PP en Galicia que se iniciou no ano 2003”
• Os resultados electorais cobran especial valor por rexistrarse estando na oposición en Galicia, en Madrid, nas sete cidades e en dúas deputacións
• O PPdeG pecha a tendencia descendente e medra 2,2 puntos en comparación coas Autonómicas de 2005; 7,2 puntos sobre as Municipais de 2007; e 2,6 puntos sobre as Xerais de 2008
• O PPdeG avantaxou ao PSOE en 17,16 puntos (277.234 votos e 15 escanos) e ao BNG en 30,52 puntos (492.960 votos e 27 escanos)
PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente do PPdeG e presidente electo da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, iniciou esta tarde en Pontevedra unha rolda de reunións das xuntas directivas provinciais desta formación para valorar os resultados electorais dos comicios do pasado domingo,
Feijóo atribuou a vitoria do PPdeG nas Eleccións autonómicas ao feito de que o PPdeG rexistrou un elevedo crecemento de apoios no voto urbano (28.942 votos máis nas grandes cidades que hai catro anos e 27.447 no resto de de Galicia, o que equivale a un incremento de 4,25 puntos nas 7 grandes cidades e 1 punto no resto). Sen embargo, o PPdeG constata que segue a manter a porcentaxe máis elevada do voto no medio rural e nas vilas medias (48,98% dos sufraxios), fronte ao 43,44% das 7 grandes cidades.
Para os populares galegos, a vitoria electoral do pasado domingo (nas que aumentou un deputado na Coruña e outro en Pontevedra) se mantivo os de Lugo e Ourense) cobra especial relevancia por producirse nun escenario adverso, de oposición en Galicia e en Madrid, pero tamén nas sete grandes cidades e nas deputacións de A Coruña e Lugo.
FIN Á TENDENCIA DESCENDENTE
Feijóo resaltou que cos resultados do pasado 1-M, “puxemos fin á tendencia descendente do PP de Galicia que se iniciou no ano 2003 e que continuou nas Eleccións de 2005, 2007 e 2008”.
De feito, cos resultados do domingo o PPdeG pecha unha tendencia descendente, na medida en que a súa formación medrou 2,2 puntos en comparación coas Autonómicas de 2005; 7,2 puntos en comparación coas Municipais de 2007; e 2,6 puntos en comparación coas Xerais de 2008.
Valorou tamén a vitoria acadada en todas as provincias con porcentaxes de voto entre o 45,86% na Coruña e o 49% de Ourense, onde se registraron os maiores apoios.
Cunha participación histórica, do 70,45%, a máis elevada de todas as eleccións autonómicas celebradas ata o de agora , o PPdeG volveu ser de novo o partido máis votado, como en todas as eleccións celebradas en Galicia desde 1981, cunha porcentaxe de voto do 47,09%.
Así, o PPdeG avantaxou ao PSOE en 17,16 puntos (277.234 votos e 15 escanos) e ao BNG en 30,52 puntos (492.960 votos e 27 escanos).
No que respecta a Pontevedra, Feijóo destacou que o PPdeG gañou as eleccións cunha porcentaxe de voto do 47,23% na provincia. Así, os populares galegos subiron 3,5 puntos e 32.936 votos en comparación coas Autonómicas de 2005; e 3 puntos en comparación coas Xerais de 2008; e un escano a costa do PSOE.
Na provincia de Pontevedra, o PPdeG avantaxa ao PSOE en 96.081 votos, 17,7 puntos e 4 escanos; e ao BNG en 161.459 votos, 29,7 puntos e 7 escanos.
A LISTA MÁIS VOTADA
As porcentaxes de voto acadados nos diferentes concellos son todas superiores ao 40%, salvo en 3: Catoira, A Illa e Fornelos de Montes. Así, o PPdeG foi a lista máis votada en toda a provincia, agás en 2 concellos: A Illa e Fornelos de Montes.
Para Feijóo, resulta especialmente reconfortante o incremento experiementada polo PPdeG nas grandes cidades (4,24 puntos), nas vilas de máis de 10.000 habitantes (4,22 puntos) e nas de máis de 20.000 habitantes (3,59 puntos).
Nas localidades de de menos de 10.000 habitantes, e a pesar de que o PPdeG medraou menos de 1 punto, obtivo porcentaxes de voto superiores ao 50%.