16 junio 2009

Ahora con el caso Caramelo : continúan las mediaciones de la Xunta en conflictos empresas-trabajadores

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, mantivo hoxe pola tarde un encontro coa empresa Caramelo, do mesmo xeito que o pasado venres mantívose outro encontro cos representantes dos traballadores, para analizar os últimos acontecementos e explorar as vías para a consecución dun posible acordo.

Nos vindeiros días establecerase unha nova reunión entre a empresa e a representación sindical coa mediación dun representante da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia co obxectivo de atopar unha vía de solución a actual situación de parálise negociadora que se vive na empresa.