VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O servicio de Gardacostas de Galicia interceptou unha embarcación que transportaba mexillón con toxina lipofílica procedente da Ría de Aldán, pechada ó marisqueo.
Os axentes decomisaron en total 54 cordas con 1080 sacos que unha embarcación da “Cuarta lista” trasladaba á Ría de Vigo. Foi unha embarcación auxiliar do buque “Sebastián De Ocampo”, da Xunta de Galicia quen, xunto con a “Xistral” colleron “in fraganti” a varios homes no momento no que transbordaban o mexillón á batea e procedeceron a levantar unha acta de infracción.
Os gardacostas recolleron unhas mostras que trasladaron ó Instituto de Tecnoloxía e Ciencias Mariñas (Intecmar) para a súa análise, aínda que o organismo, dependente da consellería do Mar está a facer análises continuamente nesta zona. De feito, ante os elevados índices de toxicidad presentes nos moluscos da Ría de Aldán, a Consellería do Mar non ten previsto abri-la ó marisqueo a corto prazo. Sen embargo, tras os resultados positivos das mostras recollidas na Ría de Arousa, si se están a reabrir a maioría dos polígonos das bateas arousáns, que tamén estaban afectada pola marea vermella. A marea vermella é un proceso natural que se reproduce todos os anos e consumir mexillón con toxina lipofílica causa mareos, vómitos e diarreas.