08 junio 2009

Bieto Lobeira arremete contra la encuesta del gallego que promueve la consellería de Educación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-.- O voceiro de lingua do g.p do BNG, Bieito Lobeira, advirte sobre a “fiabilidade cero” da enquisa presentada pola Consellería de Educación para determinar o uso do galego no ensino, tanto dende o ponto de vista do resultado como sociolingüístico.

Lobeira asegura que tan só é unha coartada para agochar un obxectivo xa definido e recoñecido polo propio conselleiro, que é a derrogación do decreto do galego, “antes de coñecer o resultado xa sabemos o que se persigue, os resultados van ser avaliados pola Consellaría, que vai sacar as conclusións dacordo co seu obexctivo, o que nos reafirma na nula fiabilidade”.

Asemade, o parlamentar explica que dende o punto de vista sociolingüístico tampouco ten validez porque as preguntas non contemplan a situación diglósica e as anomalías lingüísticas que se dan no País

Para o parlamentar, non cabe dúbida de que este traballo só é un novo pretexto perverso para tentar xustificar a estratexia do PP de persecución e eliminación do galego en todos os ámbitos e para contar coa “aprobación dos seus amos de Madrid máis ultradereitosos”.