08 junio 2009

Modernidades de Sanidad
con respecto a la gripe porcina

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Sanidade, coa fin de facilitar aos profesionais sanitarios e poboación en xeral o seguimento dos cambios que se producen na web que ten habilitada a Administración sanitaria galega sobre a gripe A (H1N1), www.galiciasaude.es/gripeAH1N1), vén de poñer en marcha un servizo de alerta a través de SMS a móbiles.

Para darse de alta neste servizo de alerta SMS, o profesional sanitario, ou o cidadán que o desexe, debe cumprimentar o formulario que figura no apartado: “Solicitude de inscrición”, que aparece na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no icono denominado “Subscricións por SMS”, indicando a alerta referida ao novo virus da gripe A, xa sexa no apartado para a cidadanía ou no destinado aos profesionais sanitarios, segundo proceda en cada caso.

No teléfono que se rexistre, o usuario recibirá un aviso cada vez que se publique na web da Administración sanitaria galega algunha novidade referida ao novo virus da gripe A.

Unha vez feita a solicitude, a persoa que a realizou, disporá, no seu teléfono móbil, dun código coa fin de confirmar a operación nese mesmo momento ou, posteriormente, dende o apartado: “Confirmar unha solicitude”.

Para modificar ou cancelar a subscrición deberase acceder ao menú de alertas SMS.