VIGO (MORRAZO-tribuna) .O ciclo “Xeración 2000+9” modifica a actuación prevista para o vindeiro sábado 13 de xuño debido é enfermidade do pianista Luís Filipe Sá. Deste xeito, xunto ao concertista Jed Barahal, no museo Verbum ás 20.30 horas, actuarán tamén a pianista Christina Margotto e o clarinetista Jorge Trindade.
O “Xeración 2000+9” comezará mañá, 9 de xuño, ás 20.30 horas, coa actuación no Verbum do cuarteto de folk O Chupacabras, cuxo estilo caracterízase polo emprego de novas harmonías en arranxos de pezas típicas do repertorio tradicional.