08 junio 2009

143 heridos en 94 accidentes en el fin de semana en Galicia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 143 persoas debido a 94 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 5 de xuño, ata as 23:59 horas do domingo, 7 de xuño. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 42 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 126 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 94 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 143 persoas.

 A proporción de homes atendida foi do 57 por cento e a de mulleres do 43 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 62 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 39 anos.

 Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 36 sinistros, durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia

Accidentes

A Coruña

35

Lugo

11

Ourense

12

Pontevedra

36

Galicia

94

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 131. Así, as UVI móbiles mobilizáronse en oito ocasións, o helicóptero medicalizado acudiu a un sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 105 accidentes; as concertadas en dez casos e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria noutros sete sinistros.

 En 125 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en seis ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que dez persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e dúas faleceron no lugar do incidente.