17 junio 2009

Comisión del Parlamento acuerda medidas para salvar el transporte en la Ría de Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA). A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na reunión do 17 de xuño de 2009, adoptou entre outros os seguintes acordos:

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 08/PNC-0015 (619)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lobeira Domínguez, Bieito e 2 deputados máis
Sobre a adopción de medidas para o restablecemento da declaración de servizo público de titularidade da Xunta de Galicia do transporte público marítimo de viaxeiras e viaxeiros na ría de Vigo
BOPG núm. 16, do 13.05.2009
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galiza a adoptar as medidas precisas que posibiliten a mantenza do servizo de transporte marítimo e a mobilidade de viaxeiros e viaxeiras entre as dúas marxes da ría de Vigo, é dicir, entre Vigo e Cangas e Moaña, a través das seguintes vías:
a) Levar a cabo as modificacións lexislativas e/ou normativas necesarias, instaurando unha vía constante de comunicación coa Unión Europea para que a medida que se avance na elaboración dun novo marco normativo do transporte marítimo de viaxeiros na ría de Vigo se asegure que este se axusta á legalidade para conquerir que este servizo de transporte marítimo dispoña de plenas garantías para a súa continuidade, e para a súa entrada en vigor inmediatamente despois do 3 de decembro de 2009, coincidindo co Regulamento (CE) nº 1370/2007 do Parlamento Europeo e do Consello.
b) Adoptar, con carácter urxente, medidas que eviten a desaparición, reducción de frecuencias ou degradación das condicións de transporte que actualmente se prestan, en colaboración cos concellos da ría de Vigo, e en especial cos de Moaña, Cangas e Vigo."