16 junio 2009

Deputación selecciona a 600 entre los 925 solicitantes de sus campamentos de inglés

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A vicepresidenta e deputada delegada de Acción Social, Teresa Pedrosa, presidiu hoxe o sorteo que a Deputación levou a cabo no Pazo Provincial para resolver os beneficiarios do primeiro «English Summer Camp» que se celebrará na Cidade Infantil Príncipe Felipe.

A institución provincial recibira un total de 925 solicitudes de praza para participar no campamento de inglés, que conta cunha oferta de 600 prazas (320 en réxime interno e 280 externo), por ese motivo realizouse hoxe o sorteo público para seleccionar ós admitidos en réxime interno.

Pola súa banda as persoas que solicitaron participar no campamento en réxime externo foron todas admitidas ó existir prazas suficientes para cubrir a demanda. O Servizo de Acción Social encargarase de comunicarlle telefonicamente ós beneficiarios a quenda correspondente.

Este programa de ocio e formación para rapaces de entre 10 e 15 anos desenvolverase en catro quendas distintas. Cada unha terá unha duración de 9 días, e nela participarán ata 150 rapaces, dos que 80 estarán en réxime interno e 70 serán externos.

O prezo para os internos, que se aloxarán durante os nove días nas instalacións da Cidade Infantil en réxime de pensión completa, será de 120 euros, mentres que os externos que acudan os 9 días ó Summer Camp deberán aboar 75 euros, tendo dereito a comida e merenda.

A primeira quenda dos campamentos desenvolverase entre o 21 e o 29 de xullo; a segunda, entre o 30 de xullo e o 7 de agosto; a terceira terá lugar entre o 8 e o 16 de agosto; e a cuarta e última, do 17 ó 25 de agosto.