16 junio 2009

El Conselleiro Varela asegura que no dejará tirado al Museo Provincial de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu hoxe ó Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, acompañado do Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, os vicepresidentes provinciais, Teresa Pedrosa e José Juan Durán, e o corpo directivo do Museo, encabezado polo seu director Carlos Valle.

A comitiva partiu desde o Pazo Provincial e visitou as instalacións do novo edificio do Museo de Pontevedra, a rehabilitación do edificio Sarmiento e o edificio antigo. Louzán salientou que “desde o anterior goberno de Galicia, non o bipartito, senón o presidido por Manuel Fraga, non tivemos ningún tipo de colaboración para esta importantísima labor de recuperación do Museo que estamos a acometer”.

Ó remate da súa visita ás instalacións dos distintos edificios do Museo de Pontevedra, o Conselleiro recoñecía que “efectivamente, facía falta espazo para expoñer os fondos que están sen mostrar, eu creo que non hai nada peor que haxa fondos que non poidan ser admirados, polo que me parece unha excelente idea a ampliación do Museo e, por riba de todo, gustaríame salientar a importancia da sala de exposicións temporais, que nos permitirá traballar en rede con outros museos, de xeito que podamos interactuar con eles por medio do intercambio de exposicións de arte contemporánea. O noso obxectivo é que as cidades das catro provincias compartan a súa arte”.

Axudas directas e indirectas

En canto á crise e a súa repercusión sobre o financiamento ó Museo de Pontevedra, o Conselleiro manifestou a súa esperanza en que “non nos afecte demasiado, nós aínda estamos a preparar os orzamentos para o ano que ven, pero o que si está claro e que imos colaborar con este Museo, ben sexa directamente a través de axudas, ben sexa indirectamente a través da coordinación con exposicións que traiamos e que acabarán parando aquí”.

Neste sentido, Varela foi explícito: “O importante e a racionalización do gasto. Eu penso que non é tanto unha cuestión de ter moitos cartos, senón de saber racionalizalos. Se nos imos financiar unha exposición o facemos co obxecto de extraer a maior rendibilidade posible. Por exemplo, estamos preparando unhas exposicións para o Xacobeo que poderían recalar aquí. Tamén queremos facer unha exposición fotográfica e virtual do que vai ser a Cidade da Cultura, que podemos traer a Pontevedra. O que quero dicir e que hai que racionalizar as exposicións e non que cada cidade quede coas súas. As exposicións hai que movelas”.