VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
remitiu hoxe ós centros unha circular con recomendacións para mellorar os mecanismos de prevención ante posibles casos de gripe A.
O documento ten carácter preventivo e insiste en que de momento non hai datos que suxiran que se está a transmitir máis alá de casos illados. Aínda así, a Consellería pide a colaboración dos centros educativos xa que aumento do absentismo escolar por motivos de saúde é un bo indicador da difusión da gripe.
Así, para adaptar as medidas de control e coñecer a evolución temporal e xeográfica da Gripe A, a Consellería solicita ós centros que informen dun aumento das ausencias que supere nun 25% a cifra habitual ou cando o profesorado advirta algunha situación excepcional.
Xunto a circular adxúntase unha carta do Secretario xeral de Educación, José Luis Vázquez, para os directores dos centros. Nela reitera que o protocolo tenta aumentar as medidas de prevención ante posibles casos como os que ocorreron días atrás en Madrid, xa que a día hoxe a evolución da Gripe A non é un tema preocupante en Galicia polo que se debe fuxir do alarmismo.