16 junio 2009

El Bloque no se fia un pelo de lo habido en la reunión entre F-09 y ZP

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualifica de “decepcionante” a reunión tida hoxe na Moncloa polos presidentes do Goberno galego e español -Alberto Núñez Feijóo e José Luis Rodríguez Zapatero, respectivamente.
“Por resumilo nunha frase, diríamos que 'moito ruído e poucas noces'”, afirmou o líder do nacionalismo galego.
“Feijóo e Zapatero limitáronse a facer unha declaración de boas intencións sobre distintos asuntos de interese para o país, pero non hai nengún compromiso concreto por parte do Goberno do Estado sobre nengunha materia relevante nen tampouco nengunha demanda específica por parte do Goberno galego”, valorou.
En relación ás infraestruturas, Guillerme Vázquez considerou inquietante que se tome como modelo dun pacto por escrito sobre os camiños de ferro o convenio que no seu momento se estabeleceu entre o Estado e a Xunta para a chegada das autovías a Galiza. “Lembremos como acabou aquel acordo. Foi un incumprimento permanente e como resultado Galiza foi a última das comunidades autónomas con conexión por autovía coa Meseta. Co AVE levamos o mesmo camiño”, dixo.
Sobre o sector lácteo, o portavoz nacional lamentou que “nen Feijóo nen Zapatero” poñan “solucións efectivas sobre a mesa” nen “enfrenten os verdadeiros problemas do sector”.
“Isto non se resolve pola vía de novos foros. Resólvese pola vía da intervención pública e da vontade política. Hai que renegociar as cotas na UE, de maneira que diminúan as dos estados excedentarios e se incrementen as dos Estados que, como o español, producen por debaixo do que consomen. E hai que tomar medidas para que se garanta a recollida do leite e se paguen aos produtores prezos que cubran cando menos os custes de produción”, afirmou.
En relación ao sector naval, ironizou con que “agora o PP si parece decatarse de que é importante para Ferrolterra recuperar a capacidade