VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .*A responsable do Bloque Nacionalista Galego en Vigo, María Alonso, expresou este martes o rexeitamento por parte do BNG das ameazas, insultos e danos nos seus bens sufridos pola presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago.
“Como non podía ser doutro xeito, no BNG non compartimos ningún tipo de actuacións violentas, nin contra as persoas nin contra os elementos materiais”, subliñou hoxe a responsable nacionalista.
Asemade, María Alonso salientou que no BNG “censuramos a utilización de actos e expresións anónimas para expresar as discrepancias, sexan do tipo que sexan”.