09 junio 2009

Quieren recuperar
el proyecto"Concellos Saudables"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Traballar por contornos máis saudables, que fomenten estilos de vida nos que a práctica de actividade física regular, dunha alimentación saudable, e da vida sen tabaco, sexan as principais actividades, parece que engancha nos concellos de Galicia e nos seus veciños e veciñas. Así o sinalou a directora xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez Castellanos, no transcurso da II Curso sobre Desenvolvemento de Proxectos Concello Saudable, que ten lugar, ao longo de todo o día de hoxe, no Hotel Porta do Camiño, da capital de Galicia.

No seu discurso ante alcaldes, concelleiros e responsables técnicos dos Proxectos Concello Saudable 2009, Sagrario Pérez anunciou que, en próximas convocatorias, é vontade da nova estrutura e dirección da Consellería de Sanidade sumar a estes proxectos o cofinanciamento daquelas actividades correspondentes á área de prevención das drogodependencias do Plan de Galicia sobre Drogas, e doutras adiccións, así como as de integración social de persoas afectadas por estes problemas de saúde.

Maior eficiencia
A directora xeral de Saúde Pública e Planificación dixo que as contías das axudas para proxectos Concello Saudable máis amplos serán tamén máis amplas, permitindo, deste xeito, prestar un adecuado soporte á profesionalización necesaria para unha maior eficiencia e impacto na saúde das respectivas poboacións de cada proxecto.

Segundo Sagrario Pérez, a cooperación e sinerxia coa Administración local, a máis próxima á cidadanía, foi quen de amosar a pertinencia do proxecto dada a resposta obtida dos concellos, e a necesidade da súa continuidade en anos vindeiros, baseada na alta satisfacción da cidadanía participante e na dos responsables administrativos.

25 proxectos e 54 concellos
O curso práctico Concello Saudable 2009, que hoxe se celebra ao longo de todo o día en Compostela, é un dos instrumentos de apoio xenérico para o conxunto dos 25 proxectos que os 54 concellos implicados desenvolven en 2009, no que os enfoques máis adecuados e prioritarios de promoción da saúde da cidadanía, as técnicas e instrumentos para a intervención desde a unidade Concello Saudable, e os aspectos de xestión e avaliación dos proxectos, conforman os seus principais contidos cos obxectivos de coñecer e interactuar cos responsables e profesionais doutros proxectos; revisar os aspectos principais do modelo de intervención municipal en promoción da saúde que se pretende desenvolver; e, ademais, coñecer técnicas, instrumentos e experiencias de intervención municipal directa en promoción da saúde da súa cidadanía.