VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Dezaseis equipos participarán o sábado, 13 de xuño no Trofeo Deputación de Natación que se celebra na piscina olímpica de Pontemuíños. O evento deportivo foi presentado hoxe polo deputado de Deportes, José Enrique Sotelo; polo presidente do Club Galaico-Sercoysa, Héctor Vilariño, e polo tesoreiro desta entidade, Iñaki Amatria.Dos dazaseis equipos participantes, catorce serán da comunidade galega e dous portugueses (Club Fluvial Vilacondense e Escola de Viana). En total participarán 200 nadadores (masculinos e femininos ó 50%). A primeira sesión terá lugar ás 11.30 horas e a segunda ás 17.00 horas.
Os clubs participantes serán o Real Club Náutico de Vigo, o Club de Natación pavillón de Ourense, o USC, o Club Marina Ferrol, o Club Coruña-Banco, Natación Pontevedra, Ecologhical Fogar Carballo, Natación Ferrol-Elinco, Natación Riveira-Mar; Galaico-Sercoysa; Náutico Redondela; Náutico Ponteareas; Vilacondense; Deportiva de Viana; Leyma Natación Arteixo; e Natación Arzúa.
Dos nadadores galegos destaca a presenza do riveirense Rufino Regueira, campión de España absoluto e posuidor da segunda mellor marca europea do ano na modalidade de espalda e que participará no Campionato do Mundo que se celebrará en Roma no mes de Agosto. Xunto a este nadador estarán en Pontevedra outros integrantes da selección española como o mariposista ferrolán Marcos García e a bracista coruñesa Aurora Pérez Fernández.
Dos nadadores portugueses destaca Henrique Neiva e Igor Carvalho, gran favorito na distancia de 400 libres. O Galaico Sercoysa ten tamén opcións de alzarse con algunha medalla. Por exemplo Francisco Álvarez, Nerea Rodiño, Alba Franco, Ana Pallarés, e Xenia Vilariño, entre outros.