VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra retomou esta mañá a celebración da Mesa do Viño na denominación de orixe Rías Baixas co obxectivo de conseguir un acordo entre sindicatos, bodegueiros, Consello Regulador e viticultores para fixar os prezos mínimos que rexan o sector na provincia durante os próximos tres anos.
A reunión estivo presidida polo novo Xefe Territorial da delegación da Consellería de Medio Rural, Gerardo Zugasti Enrique.
Sobre a mesa analizouse unha proposta única que agora terá que debaterse nas correspondentes asembleas nos próximos días co obxectivo de obter un acordo de cara a próxima semana cando volverá a convocarse unha nova reunión das partes.
O termo do encontro, os presentes recoñeceron coma necesario manter os contratos homologados que serán logo modificados de acordo coa proposta única presentada hoxe pola Consellería, sempre e cando obteña o visto bo dos sectores implicados.
O próximo encontro terá lugar o mércores 17 no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra a partir dás dez da mañá.