Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, tras a inauguración do simposio sobre vías e obras da Administración local que “se Zapatero cumpre con Galicia o direi coa mesma forza que denuncie os seus incumprimentos”.
Para o mandatario galego, o pacto acadado onte entre o presidente do Goberno central e a Xunta para subscribir un acordo institucional ao máis alto nivel polo AVE deberá marcar un antes e un despois na modernización de Galicia.
“Suporá – engadiu- a plasmación de cinco anos despois dese Plan Galicia que aprobou outro goberno. Se este acordo chega a bo porto, o AVE pasará de ser a reivindicación de partidos a un compromiso común, posto que xa haberá sido asinado por gobernos de todas as cores”.