Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, propuxo hoxe no Congreso Nacional de Carreteras Locais que tén lugar en Pontevedra fórmulas de participación público-privadas para financiar a rede de estradas provinciais.
Louzán sinalou que esa proposta ven derivada do momento de crise económica e da prevista reducción dos Fondos Feder e de Cohesión , dixo.
Na súa proposta, indicou que a fonte tradicional para financiar a rede de estradas foran os fondos públicos pero dixo que .
Procedimento e pasos
Louzán afirmou que xa se puxeron en marcha experiencias de sistemas de concesión de obra pública, de conservación e explotación da rede. Nestas fórmulas, encomendase ó concesionario construir unha serie de actuacións e realizar a conservación e explotación integral da vía. Pola súa banda, a Administración inspecciona que a prestación do concesionario se axuste ó pactado e abona a éste o canon que se establece en función da demanda (a ), do nivel de disponibilidade de vía (establecendo índices de calidade do servizo) ou ben de sistemas que incorporen ambas variables.
Según explicou, a posta en marcha destes sistemas require redactar un estudio de viabilidade da concesión que, unha vez feito, permita á Administración seleccionar as actuacións que deben ofertar os licitadores redactando os proxectos. Unha vez definidas as actuacións, a Administración licita a concesión, analiza ofertas e adxudica o contrato, adicándose, perante a etapa de explotación, a xestionar e controlar a concesión.
Na proposta formulada hoxe ante os 300 congresistas que participan no Novo Museo de Pontevedra no Simposio Nacional de Vias e Obras Locais, Louzán destacou que un sistema parecido foi ensaiado por varios organismos provinciais, sendo o pioneira a Deputación de Toledo. No Congreso toman parte responsables do Ministerio de Fomento e de varias deputacións españolas, empresarios, enxeneiros e profesores de universidades do Estado, entre outros.